Fene rendiu homenaxe a Ramón Souto, último alcalde da República

Fene rendiu homenaxe a Ramón Souto, último alcalde da República

No acto tomou a palabra Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume e neto dun dos concelleiros fusilados xunto a Ramón Souto

Fene celebrou onte á tarde o acto de homenaxe e lembranza a Ramón Souto, o último alcalde da República, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936.

O acto desenvolveuse na antiga praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura e, no mesmo, tomaron a palabra o rexidor, Gumersindo Galego, e Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, deputado provincial e neto dun dos concelleiros fusilados xunto a Ramón Souto.