Proxección da curta "MIÑA" e foro sobre a violencia de xénero este xoves en Fene

Proxección da curta "MIÑA" e foro sobre a violencia de xénero este xoves en Fene

A actividade organizada pola Concellería de Benestar Social terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura ás 19 horas con entrada libre

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este xoves, 8 de novembro, a proxección da curta "MIÑA", do director Michael J. Cassidy, e un foro/debate posterior con profesionais especializados onde se tratará o abordaxe da violencia de xénero no ámbito veciñal. Será a partir das 19 horas con entrada libre e de balde.


A curtametraxe "MIÑA" foi rodada íntegramente en Vigo, protagonizado pola actriz galega Elba Pedrosa, xunto a Antón Cancelas e Carson Jones, con temas da cantante Wöyza.


A actividade está organizada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Juana Barro, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller. Inclúese no marco da programación de actividades deseñado para conmemorar o 25 de novembro, "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres", e forma parte da Rede de Concellos contra a Violencia de Xénero da que forma parte o Concello de Fene.