Fene convida á veciñanza a conmemorar o 40º aniversario da Constitución española

Fene convida á veciñanza a conmemorar o 40º aniversario da Constitución española

Será este xoves, a partir das 12,30 horas, no salón de plenos da consistorial

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidirá este xoves, 6 de decembro, o acto institucional de conmemoración do 40º aniversario da Constitución española no municipio. Un acto que terá lugar a partires das 12,30 horas no salón de plenos da casa consistorial. Nesta liña, o Concello quere invitar a vecinos e veciñas a sumarse á celebración do aniversario da Carta Magna, neste número tan redondo, acompañando á corporación no acto.


No mesmo, o rexidor invita aos grupos municipais a expresar as súas reflexións en torno á Constitución e os seus primeiros 40 anos de vida. O acto estará amenizado polo grupo Son de Ar e, ao remate, grupos e veciños poderán compartir un viño no consistorio.