O Apalpador visita os colexios de Fene

O Apalpador visita os colexios de Fene

Tras visitar onte o CPI A Xunqueira, CEIP Centieiras e CPR Jorge Juan, hoxe acudirá ó CEI de Sillobre, CEIP Os Casais e CEIP O Ramo

Convidado polo Concello de Fene, o Apalpador iniciaba onte unha rolda de visitas ós centros de ensino do municipio. Acudía ó CPI A Xunqueira, CEIP Centieiras e CPR Jorge Juan e, hoxe martes, fará o propio no CEI de Sillobre (10 h), CEIP Os Casais (12 h) e CEIP Plurilingüe O Ramo (13,15 h).


Unha visita moi especial que tanto onte como hoxe vai acompañada da función “O Apalpador” a cargo do grupo de teatro Os Furabolos. A obra, asinada por Carlos Labraña, narra a historia deste singular personaxe e da súa axudante Trasniña. Así mesmo, nenos e nenas aprenden con ela a soutar e cantar as cancións tradicionais sobre a súa figura.