O pavillón da Xunqueira acolle este sábado a Exhibición de Ximnasia Artística

O pavillón da Xunqueira acolle este sábado a Exhibición de Ximnasia Artística

O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, convida á veciñanza a acudir a esta cita, con entrada de balde e hora de inicio ás 16,30 h

O pavillón municipal da Xunqueira acollerá este sábado, 22 de decembro, a Exhibición de Ximnasia Artística, na que tomarán parte preto de 150 nenos e nenas de entre 3 e 16 anos. Organizada polo Club Ximnasia Ferrolterra e a Escola de Ximnasia Ferrolterra, a cita conta coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene que dirixe Xoán Manuel Bastida. Dará comezo ás 16,30 horas e a entrada é libre e de balde.


A exhibicion dividirase en dúas tandas e a primeira será de 16,30 a 18 e a segunda de 18 a 20 horas, durante as cales os diferentes grupos de ximnastas dos clubes amosarán todas as súas habilidades e todo o aprendido ata o dagora. Unha cita xa fixa no calendario de Nadal que brinda unha oportunidade ós pais, nais e familias de poder ver os primeiros pasos neste deporte se acaba de iniciarse nel ou a evolución dos seus fillos e fillas e, doutra banda, nenos e nenas reúnense para compartir unha xornada festiva.