A Casa da Cultura acolle o mércores “Un bico para Alí” coa compañía Fabaloba

A Casa da Cultura acolle o mércores “Un bico para Alí” coa compañía Fabaloba

Dirixida a un público familiar, a obra dará comezo ás 12 horas

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que o salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá o vindeiro mércores, 26 de decembro, a obra “Un bico para Alí”, da compañía Fabaloba. Un espectáculo dirixido ó público familiar que, con entrada libre e de balde, dará comezo ás 12 horas.

Narra a historia de Alicia, que chega unha noitiña á súa nova casa, un fogar moi particular que a esperta con cancións e onde cada paso adiante lle permite descubrir cofres misteriosos cheos de xogos e ilusións. “Un bico para Alí” é un espectáculo contado, cantado e pintado a través das xanelas dun fantástico Kamishibai