O Concello abre a preinscrición para participar na campaña de esquí da Deputación

O Concello abre a preinscrición para participar na campaña de esquí da Deputación

A Fene correspóndenlle oito prazas para a quenda do 15 ó 18 de febreiro

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación provincial da Coruña. Está dirixida a rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos, incluídos (cumplidos a 31 de decembro de 2019), e ofrece cursiños, estancia e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Fene, correspóndenlle oito prazas para a quenda do 15 ó 18 de febreiro. Para participar é preciso formalizar a preinscrición no departamento de Cultura e Deportes –Avenida Naturais, 44, entrechán-, dende hoxe, día 2, e ata o 10 de xaneiro, de luns a venres de 9,30 a 13,30 horas. Os mércores 2 e 9 de xaneiro tamén se recollerán preinscricións de 16 a 18 h. Será preciso achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene e cubrir a correspondente ficha.


Terán preferencia os rapaces e rapazas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación e, no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, o Concello realizará un sorteo público ante o secretario municipal para adxudicar as mesmas.


O custe da actividade é de 85 euros e inclúe transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, (os puntos da comarca onde terá lugar a recollida notificaranse con anticipación), estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.