A Casa da Cultura acolle a exposición de pintura e debuxo “Des_amparo” de Laura Bouza

A Casa da Cultura acolle a exposición de pintura e debuxo “Des_amparo” de Laura Bouza

Con entrada libre, pode visitarse ata o día 30 de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 h

A creadora Laura Bouza inaugurou o pasado venres a súa exposición “Des_amparo” na Casa da Cultura de Fene, nun acto no que estivo acompañada polo alcalde, Gumersindo Galego. Trátase dunha exposición de pintura e debuxo que se adentra na evolución e fases do alzheimer, enfermidade sobre a que xira toda a mostra.


“Des_amparo” fala “do outro, do descoñecido, do ausente, da fraxilidade das persoas…”. Convida ó público a poñerse no lugar do outro a través da primeira persoa da artista. A perda de identidade e a procura constante do “eu” lembra, a través das pinturas e debuxos de Laura Bouza, que a morte é a fin da vida pero non o límite do humano porque a Arte convértenos en inmortais.


A mostra poderá visitarse ata o día 30, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, namentras que os sábados, de 10 a 13 horas.