VII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene este domingo no pavillón de A Xunqueira

VII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene este domingo no pavillón de A Xunqueira

Organizado por Fene Movemento coa colaboración do Concello, reunirá a 90 parellas e 6 grupos de danza coreográfica

O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, acollerá este domingo 27 de xaneiro a VII edición do Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene. Celebrarase en horario de 11 a 20,30 coa participación duns 300 bailaríns e bailarinas -90 parellas e 6 grupos de danza coreográfica-. Nenos e nenas a partir de 4 anos e adultos. Trátase dunha competición puntuable para o ránking nacional e autonómico, e probas Open Internacional e nela tomarán parte campións e subcampións de España de Baile Deportivo. Así mesmo, acudirán a Fene parellas de toda Galicia e doutros puntos do territorio nacional e, na proba internacional, contarase coa presenza de parellas de Portugal.


Paralelamente á proba celebrarase a competición de Bailes Caribeños, en todas as súas modalidades, tamén puntuable para o ránking nacional e a Competición de Danza Coreográfica, puntuable para o ránking nacional.


Así, a competición estará dividida en cinco bloques: Bailes Caribeños; Categorías Territoriais de Latinos; Standard; Open Internacional e Danza Coreográfica, e Categorías Altas de Latinos.


A cita está organizada por Fene Movemento coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene.