O Concello conclúe os traballos de protección da marxe do río Cádavo

O Concello conclúe os traballos de protección da marxe do río Cádavo

Os traballos contemplaron a canalización do cauce, a contrución dun muro de contención en pedra, a instalación dunha varanda e a mellora da iluminación, creando un espazo para o paseo, accesible e seguro

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de protección da marxe do río Cádavo, en Perlío, que contemplaron a construción da canalización do cauce, así como dun muro de contención en pedra e da beirarrúa que delimita o paso, o aglomerado e pintado do vial, a instalación dunha varanda de seguridade e a mellora da iluminación coa colocación de farolas con tecnoloxía LED.


O Concello pon así a disposición da veciñanza un espazo para o paseo, accesible e seguro. A intervención, orzamentada en 78.420 euros, financiouse con cargo ao POS+Adicional.


Non foi a única actuación que levou a cabo o Concello co río Cádavo como protagonista, xa que nos últimos meses e para previr as inundacións que se soían producir no inverno realizou labores de limpeza tanto do cauce como das súas marxes nos treitos urbanos