O Concello inicia as obras para dotar de iluminación pública o vial de acceso ó campo de fútbol dos Pinares

O Concello inicia as obras para dotar de iluminación pública o vial de acceso ó campo de fútbol dos Pinares

Trátase dunha estrada moi transitada, que comunica co cemiterio

A Concellería de Servizos investirá 12.000 euros procedentes de fondos propios nas obras para dotar de alumbrado público o vial de acceso ao campo de fútbol dos Pinares, en Perlío. Unha estrada moi transitada tanto pola afluencia ás instalacións deportivas como pola circulación de veciños e veciñas que visitan o cemiterio municipal, xa que é vía de paso ata o camposanto.


Precisamente, a intervención responde a unha demanda veciñal, xa que ata a data a estrada carecía de iluminación. Os traballos iniciáronse esta semana coa instalación dos postes, trece en total, e concluirá nos próximos días coa colocación das lámpadas.


O Concello estima que entren en servizo o vindeiro xoves.