Charla sobre o alzheimer este venres en Limodre

Charla sobre o alzheimer este venres en Limodre

Terá lugar no local social da entidade veciñal, a partir das 18,30 h, con entrada libre

AFAL Ferrolterra e a Asociación de Veciños de Limodre, en colaboración co Concello de Fene, organizan este venres unha charla informativa sobre o alzheimer. Será no local social da entidade veciñal, a partir das 18,30 horas e con entrada libre. A iniciativa forma parte do calendario de charlas que está a desenvolver AFAL no municipio de Fene para achegar á veciñanza esta doenza e os servizos que a asociación pon a disposición de persoas afectadas e familias.


Nesta liña, a entidade social apunta que as asociacións veciñais interesadas en acoller unha charla destas características tan só ten que poñerse en contacto con AFAL (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol ou teléfono 981 37 06 92) ou co departamento municipal de Servizos Sociais.


Este venres, a charla correrá a cargo da directora asistencial de AFAL, Noelia Ríos, e do director de administración, José María Otero. Encargaranse de abordar tanto a enfermidade como as terapias e os servizos que ofrece AFAL no seu centro de día terapéutico, así como na asociación, tanto para enfermos como para familias e socios.