Fene acolle este domingo a cuarta xornada da I Liga de Judo Norte

Fene acolle este domingo a cuarta xornada da I Liga de Judo Norte

O pavillón de A Xunqueira albergará a cita deportiva a partir das 10 h

O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, informou esta mañá de que Fene albergará o domingo 24 de febreiro a cuarta xornada da I Liga de Judo Norte para as categorías de alevín e infantil. A cita deportiva desenvolverase no pavillón de A Xunqueira, a partir das 10 horas, e nela tomarán parte uns 200 judokas.


Sobre a pista, e nunha zona de combate integrada por catro tatamis, desenvolverase a competición, para as categorías alevín mixto por equipos –nados nos anos 2007 e 2008- e infantil mixto por equipos –nados nos anos 2005 e 2006-.


Os clubes participantes son A.M.Fene, A.D.Judo Ferrolterra, Grupo Bazán de Ferrol, Gimnasio Fibra de Coruña, Judo Club Arteixo, Judo Club Bergantiños de Carballo, Judo Club Coruña, Xogos da Amistade de Culleredo, Judo Club Lugo, Gimnasio Senra de Lugo, E.M.Villalba, Judo Club Cambre, Judo Club Compostela,
Oscar Fernández (Asturias) e EdukaJudo (Coruña).


A entrega de trofeos prevese para as 13 horas.