Fene organiza este martes pola tarde unha gran festa infantil e pola noite o baile de Entroido coa actuación de Los Zares

Fene organiza este martes pola tarde unha gran festa infantil e pola noite o baile de Entroido coa actuación de Los Zares

As dúas citas terán lugar baixo carpa na praza do Alcalde Ramón Souto González

O Concello de Fene organiza mañá martes 5 de marzo unha gran Festa Infantil de Entroido para os máis pequenos da casa. Celebrarase a partir das 17,30 horas baixo carpa na praza do Alcalde Ramón Souto González, polo que a festa está garantizada máis aló de que o tempo acompañe. Estará guiada por La Guagua, que animará a nenos e nenas a tomar parte nas diferentes actividades e xogos propostos. Así mesmo, o Concello ten preparada unha degustación de lambetadas de Entroido para todos eles.

Ademais, a partir das 21 horas, o Concello organizará unha homenaxe a título
póstumo a Juan “O Negro”, integrante da AC Os Tadetas e persoa moi querida e
recordada en Fene. Sobre as 21,30 horas, arrancará un gran baile de Martes de
Entroido coa música en directo do grupo Los Zares.

A festa continuará o mércores 6 de marzo. A partir das seis da tarde arrancará de Perlío, fronte a Aguilar, o desfile das comparsas participantes no festival para
percorrer a Avenida Figueroa e Avenida Naturais e concluír o itinerario, co que
animarán como nunca o espazo urbano de Fene, na praza do Alcalde Ramón Souto González. Alí, e coa viúva de sempre, actuarán as comparsas, darase lectura ao testamento, a queima do Antón e un incrible espectáculo pirotécnico. O broche de ouro poñerao a Orquesta Olympus co seu espectáculo Red Tour.