Cancelado o desfile de comparsas de Entroido por mor das inclemencias meteorolóxicas

Cancelado o desfile de comparsas de Entroido por mor das inclemencias meteorolóxicas

O resto da programación organizada pola Concellería de Cultura para este mércores manterase segundo o previsto

As dezasete comparsas que participan este ano no Entroido de Fene concentraranse finalmente  ás seis do serán na Praza do alcalde Ramón Souto González, a carón da Casa do Concello. Perante as previsións meteorolóxicas que anuncian choiva durante toda a tarde, a Concellería de Cultura do Concello de Fene tomou a decisión de cancelar o desfile de comparsas que tradicionalmente se desenvolvía polas rúas de Perlío e Fene. Mantense, segundo o previsto, o Festival de Comparsas e a verbena coa orquestra Olympus e, se o tempo o permite, a queima do Meco e a sesión pirotécnica.