Concentración violencia machista

Concentración violencia machista

Acto de condea do Concello de Fene

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe luns 11 de marzo ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARIA JESÚS ABOY de 43 anos, veciña de Valga (Pontevedra)

Este feito constitúe o primeiro acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano.

Agracemos de antemán á asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.