O alcalde felicita ao equipo “Emotional Tricks” do CPI A Xunqueira pola súa destacada participación na First Lego League

O alcalde felicita ao equipo “Emotional Tricks” do CPI A Xunqueira pola súa destacada participación na First Lego League

Galego asegura que o Concello reeditará o seu apoio á delegación como este ano, que avanza a intención de repetir participación na vindeira edición

O alcalde, Gumersindo Galego, felicitou onte ao equipo "Emotional Tricks" do CPI A Xunqueira pola súa destacada participación a pasada fin de semana en Tenerife na fase final da First Lego League. Acadaron o segundo premio á inspiración e aseguraron ter disfrutado dunha experiencia única que prevén repetir de cara ao próximo ano.


Nesta liña, Gumersindo Galego asegurou que o Concello volverá a apoiar ao equipo como este ano, financiando os gastos de desprazamento e favorecendo a súa participación na competición.