O Concello adquire un vehículo de atestados e con oficina móbil para a Policía

O Concello adquire un vehículo de atestados e con oficina móbil para a Policía

O Concello adquire un vehículo de atestados e con oficina móbil para a Policía A concelleira de Facenda, Rocío Bértoa, informou da adxudicación do contrato por un importe de 46.627,57 euros

Permitirá mellorar a atención á veciñanza e facilitará o traballo dos axentes

 A Policía Local de Fene contará cun novo vehículo de atestados e oficina móbil. A concelleira de Facenda, Rocío Bértoa, informou esta mañá da adxudicación do contrato para a súa adquisición por un importe de 46.627,57 euros. Na práctica, este vehículo permitirá ós axentes elaborar in situ os atestados, ofrecendo unha mellor atención á veciñanza e facilitará o traballo que realizan a pé de rúa, axilizando a tramitación.


Así as cousas, o furgón da Policía Local conta cunha zona de oficina móbil, equipada con mobiliario, tres asentos fixos –un para o axente operador e outros dous-, equipos informáticos e instalación eléctrica. Un equipamento moderno e adecuado para desenvolver as tarefas policiais e prestar a adecuada atención á cidadanía.


De igual xeito, o vehículo dispón de porta corredeira lateral, portón traseiro, emisora e instalación completa con antena, extintor, botiquín de primeiros auxilios, ponte de iluminación de emerxencia, rotulación e sinaléctica, entre outras cuestións.


Trala adxudicación do contrato, nas próximas semanas o Concello recepcionará o vehículo, que pasará a formar parte do parque móbil municipal, tras un investimento realizado con fondos propios e atendendo a unha demanda trasladada pola plantilla