Musiqueando en Fene

Musiqueando en Fene

Finalmente, os estudantes do IES Fene ofreceron os seus concertos á veciñanza no salón de plenos da casa consistorial

O tempo non acompañou, pero tampouco foi obstáculo para que os alumnos e alumnas do IES Fene saíran do centro esta mañá para ofrecer a veciños e veciñas a súa música no marco da iniciativa Musiqueando, coa que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino. Así, os concertos trasladáronse da praza do Alcalde Ramón José Souto González ao salón de plenos da casa consistorial.


Alí, o alumnado da ESO e do Bacharelato desplegou toda a súa creatividad baixo a dirección da súa profesora Bárbara Mourelo.