O Concello abre a inscrición no Campus Mixto de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”

O Concello abre a inscrición no Campus Mixto de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”

Está dirixido a nenos e nenas e mozos e mozas a partir de 6 anos e contará coa visita de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala

 O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición no Campus Mixto de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos e tamén mozos e mozas e celebrarase do 15 ao 19 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 horas, no pavillón polideportivo da Xunqueira e inmediacións.

As prazas están limitadas a 20 e, no transcurso do campus, xogadoras da selección galega e estatal de fútbol sala feminino visitarán aos/ás participantes
para compartir os seus coñecementos, técnica e consellos.

O campus incluirá xogos e actividades multideporte, técnica de fútbol sala, actividades ao aire libre nos arredores do pavillón, campo de fútbol e praias, minipartidos e competicións.


As inscricións deben formalizarse no departamento municipal de Cultura e Deportes, ata o 10 de xullo, e a cota a abonar é de 15,70 euros –a partir do segundo membro da unidade familiar residentes en Fene, 12,56 euros-.