Entrega a Cáritas da recadación solidaria realizada no marco da Festa dos Avós

Entrega a Cáritas da recadación solidaria realizada no marco da Festa dos Avós

A AVV de Magalofes, entidade colaboradora co Concello na cita, fixo entrega do recaudado a través da venda da bebida no encontro

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que a Festa dos Avós, organizada polo Concello de Fene coa colaboración da AVV de Magalofes no marco do Ciclo Día de Galicia, permitiu destinar un total de 312 euros a Cáritas. A cantidade correspóndese coa venda das bebidas ao público asistente á cea ofrecida pola Administración local a maiores e nenos no contexto deste encontro interxeneracional.


Precisamente, o presidente da AVV de Magalofes, Manuel Pico, e máis a vicepresidenta, Lupe Permuy, desprazábanse esta mañá ata a casa consistorial para facer a entrega dos fondos nun acto que tamén contou coa participación da concelleira de Benestar Social, Juana Barro Couto