O Concello de Fene conclúe as obras de reparación da fachada do CPI A Xunqueira

O Concello de Fene conclúe as obras de reparación da fachada do CPI A Xunqueira

O alcalde, Gumersindo Galego, apunta que a actuación contou cun orzamento superior aos 37.000 euros financiado co remanente

O Concello de Fene vén de concluír os traballos de mantemento e reparación da fachada do CPI A Xunqueira, en San Valentín. Así o explicou o alcalde, Gumersindo Galego, para engadir que a intervención contou cun orzamento de 37.340,30 euros que se financiaron con cargo ao remanente de tesourería.


Nesta liña, o rexidor explicou que os traballos contemplaron a eliminación do material danado e a reconstrucción do recubrimento, limpeza e saneado da fachada.