O Concello clausura as escolas deportivas de verán de tenis e kaiak

O Concello clausura as escolas deportivas de verán de tenis e kaiak

Participaron máis de 80 rapaces e rapazas, que recibirán diplomas acreditativos da man do alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Deportes, Tamara Miragaya. Entregaranse os trofeos do I Open de Tenis de Verán Concello de Fene –

O alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Deportes, Tamara Miragaya, participarán na clausura das escolas deportivas de verán de tenis e kaiak, nos que tomaron parte máis de 80 rapaces e rapazas.

O vindeiro venres, 23 de agosto, terá lugar o acto de clausura da Escola de Tenis de Verán nas pistas de tenis do CCRD de Perlío ou, en caso de choiva, no interior do pavillón do Colexio Jorge Juan. A partir das 11.00 horas farase entrega dos diplomas aos participantes da primeira quenda, mentres que o alumnado da segunda e a terceira quenda recibirá os diplomas ás 12:00 horas.

O alcalde fenés e a concelleira de deportes tamén participarán na entrega de trofeos do I Open de Tenis de Verán Concello de Fene - Escola de Tenis Justo al Revés. O acto terá lugar o 24 de agosto ás 20:30 horas no CCRD de Perlío.

O remate da Escola de Kaiak de Verán será o martes 27 de agosto. A clausura terá lugar ás 13:30 horas no Mesón O Emigrante, en Limodre, e consistirá tamén nunha entrega de diplomas aos 40 rapaces e rapazas que tomaron parte desta actividade.