O Concello inicia os traballos de pavimentación do Camiño Os Cadavas

O Concello inicia os traballos de pavimentación do Camiño Os Cadavas

O alcalde, Gumersindo Galego, explica que a intervención conta cun orzamento de 49.041 euros e que finalizará a comezos de setembro

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do avance das obras de pavimentación do vial Camiño Os Cadavas, que se executarán ao longo dos 995 metros de lonxitude desta vía.

Os traballos, que comezaron fai unha semana na parroquia de Magalofes, foron adxudicados á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. por un importe de 49.041,14 euros. O prazo previsto para a execución destas obras é dun mes, se ben está previsto que rematen a comezos de setembro.

O alcalde xustificou os traballos no estado de deterioro do firme. Deste xeito, ademais da reparación de baches e da mellora da capa de rodaxe con aglomerado, a actuación contempla obras de drenaxe e tamén a sinalización da vía.