O Concello reforza os desbroces nas beiras de camiños e estradas municipais

O Concello reforza os desbroces nas beiras de camiños e estradas municipais

A actuación executarase en máis de 67.000 metros de foxos e noiros e supón un investimento para as arcas municipais de case 18.000 euros

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da posta en marcha dunha actuación de reforzo da limpeza das estradas da parroquia co obxectivo de eliminar a maleza das beiras de camiños e estradas.


Segundo o concelleiro de Obras, Andrés Serantes, os traballos executaranse en ata 67.272 metros de cunetas e noiros, unha actuación que se prolongará nas vindeiras semanas e que pretende poñer a punto as vías das parroquias.

Esta actuación supón un investimento de ata 17.907,81 euros para as arcas municipais. Dende o concello, priorizouse esta acción para evitar que a vexetación invada os carrís e supoña un perigo para os vehículos e peóns que circulan por estas vías.