As escolas culturais municipais abren o prazo de inscrición o 2 de outubro

As escolas culturais municipais abren o prazo de inscrición o 2 de outubro

Os veciños de Fene teñen prioridade para inscribirse do 2 ao 4 de outubro Entre as propostas, o Concello de Fene ofrecerá clases de solfexo, piano, guitarra, inglés, fotografía, novas tecnoloxías e risoterapia

As Escolas Culturais Municipal abren a inscrición para o curso 2019/2020 o vindeiro 2 de outubro, un prazo que se estenderá ata o día 8 do mesmo mes. Os veciños de Fene teñen prioridade á hora de seleccionar as prazas vacantes nas escolas culturais municipais e, por iso, o prazo de inscrición está reservado entre os días 2 e 4 de outubro a residentes na localidade. Os días 7 e 8 de outubro pode formalizar a súa matrícula a poboación en xeral, independentemente do lugar de empadroamento.

Este ano impartiranse clases de solfexo para persoas a partir de 5 anos de idade; piano e guitarra. Tamén haberá clases de inglés, unhas dirixidas a estudantes do último ciclo de educación infantil ata o último curso de educación primaria; e outras para rapaces e rapazas de 12 anos en diante e que teñen como cometido practicar a conversa en inglés.

Ademais, ofrécense obradoiros de fotografía con móbil e cámara compacta; obradoiros TIC para persoas maiores de 16 anos sen coñecementos previos e tamén outro titulado “Licenza para rir”, que ten como obxecto descubrir o potencial terapéutico da risa. Este tamén ten como público potencial persoas con máis de 16 anos.

As escolas culturais municipais comezarán o curso o 14 de outubro de 2019 e rematarán o 29 de maio de 2020. No que respecta aos obradoiros, a duración dos mesmos será a establecida para cada actividade.

As matrículas deben formalizarse nas oficinas administrativas situadas no pavillón de A Xunqueira de San Valentín, en horario de 8:30 a 14:00 horas, agás os días 2 e 7 de outubro, nos que as oficinas estarán abertas tamén en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 horas).

ABONO FAMILIAR

O abono familiar pretende incentivar a participación dos membros da familia nas escolas municipais e, por iso, existe unha redución do 20% da cota a partir da segunda actividade en que se matricule ou a partir do segundo membro da unidade familiar que o faga

 

NOTA ERRO: Advertido un erro no cadro de franxas horarias de piano e horarios de solfexo a escoller, concretamente no apartado “Día e hora de piano no momento de efectuar a matriculación. As horas vanse cubrindo por rigorosa orde de inscrición” (páxinas 6 e 7 do libro distribuído), infórmase que os horarios correctos para as aulas de solfexo e piano son os que figuran no cadro que podes descargar nesta ligazón.

Ligazóns