Xornada formativa sobre a sede electrónica do Concello de Fene

Xornada formativa sobre a sede electrónica do Concello de Fene

Dirixida á poboación en xeral, celebrarase o 17 de outubro con entrada libre

O Concello de Fene organiza unha charla informativa aberta dirixida a cidadanía co obxectivo de dar a coñercer a sede electrónica municipal. A formación, impartida pola axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña, terá lugar na aula de formación, situada no departamento de Cultura e Deportes o xoves 17 de outubro ás 11.00 horas.


Nesta charla a veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do seu concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas. A participación será aberta e sen incrición previa.


O curso está organizado pola Deputación provincial e o Concello de Fene.