Uns 440 nenos e maiores participarán este domingo en Fene na IX Exhibición Solidaria de Baile Moderno e Bailes de Salón

Uns 440 nenos e maiores participarán este domingo en Fene na IX Exhibición Solidaria de Baile Moderno e Bailes de Salón

Celebrarase no pavillón municipal da Xunqueira a partir das 17 horas

O Concello organiza a cita coa que se busca colaborar coa recadación de alimentos para as familias con escasos recursos

A Concellería de Deportes de Fene organiza este domingo 15 de decembro a IX edición da Exhibición Solidaria de Baile Moderno e Bailes de Salón. Á mesma confirmación a súa asistencia nada máis e nada menos que 440 bailaríns e bailarinas de nove escolas e clubes de Fene e doutros municipios da comarca. Celebrarase a partir das 17 horas no pavillón municipal da Xunqueira e, no lugar de entrada, o público asistente poderá entregar produtos alimenticios non perecedoiros que o Concello destinará a aquelas familias con menos recursos.


Os participantes son tanto nenos/as como persoas adultas e os clubes e escolas de procedencia, os seguintes: Escola Municipal de Baile moderno de Fene; May Dance Studio, Paso a Paso, All Dance Studio, Escola de Baile moderno de Neda, Zona Dance, CBD Móvete e CBD Narón.


Entre os estilos dos que poderá disfrutar o público asistente, por citar algúns, haberá baile moderno, ballet, hip hop, zumba, reggaetón, vals inglés, rumba, cha cha cha ou samba. Ao remate das actuacións, os/as participantes protagonizarán un desfile e o alcalde, Gumersindo Galego, xunto aos concelleiros e concelleiras da corporación, procederán á entrega de diplomas.