19-10-2021

Fene súmase ao movemento do comercio xusto

O comercio xusto chega a Fene da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países, respectando os dereitos humanos. No marco da campaña "Aquí e Acolá O Xusto", nesta fin de semana realizarase en Fene a feira "Comercio Con Sentido", de produtos de comercio xusto. A cita terá lugar na Praza Verde (avd. Marqués de Figueroa, Perlío, Fene) o domingo 24 de outubro, entre as 11h e as 14h.
17-09-2021

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista na Coruña

Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Fene, convócase ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa, hoxe venres ás  12:00 h, na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA  de Mónica Marcos ocorrido na cidade da Coruña.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.
03-09-2021

Obradoiro de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes

O Concello e a Fundación Mujeres –coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña- desenvolverán en Fene un  obradoiro presencial de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes no medio rural.
02-09-2021

Educando en familia

O Concello de Fene arrinca neste mes de setembro cunha nova actividade denominada “Educando en familias”. Actividade coa que pretende apoiar ás familias na educación dos seus fillos e fillas, aportando ferramentas que os permitan mellorar a relación coas súas crianzas.
24-06-2021

Mocidade activa 2021

Se tes entre 12 e 16 anos, e queres pasar un bó rato nas mañás de xullo, inscríbete en Mocidade Activa, programa desenvolvido conxuntamente cós concellos de Mugardos e Neda baixo o proxecto de prevención de conductas adictivas. 

En mocidade activa traballaremos mediante actividades como Drons, Skate e outros como lettering, Youtube/tiktok... inscríbete!!
17-06-2021

Obradoiro dixital para a mocidade

Aberto o prazo de inscrición no obradoiro dixital dirixido á mocidade.  Acción formativa orientada á rapazada, a partir dos 12 anos, que se desenvolverá o día 28 de xuño de 11 h a 13h no salón de actos da Casa da Cultura.
14-06-2021

Liberdade de ser e sentir, 28 de xuño día da diversidade sexual

A área de Igualdade do Concello de Fene adhírese un ano máis á Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” da Deputación da Coruña na súa aposta por visibilizar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e có fin de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e xerar unha sociedade máis tolerante e igualitaria.

O Concello de Fene colocará a bandeira cos cores da arco da vella na fachada da casa consistorial e convida a toda a veciñanza a facer o mesmo, lucíndoa dende as súas fiestras.

As actividades que se levarán a cabo, o material da campaña, vídeos, palestras, xornadas... atópanse na web seresentir.gal, polo que animamos á veciñanza a visitar a páxina e participar delas.
08-06-2021

Convocada unha nova xornada de formación online sobre o acompañamento dixital e a prevención de condutas adictivas

A área de Benestar Social e Igualdade desenvolverá unha nova  sesión formativa no eido da prevención das conductas adictivas. Obradoiro dixital dirixido a persoas adultas que se desenvolverá nas seguintes datas:

Data: xoves 10 e 17 de xuño 
Hora: de 16.30 a 18.00h.
Este obradoiro dixital está orientado para todas aquelas persoas adultas que busquen un espazo formativo dinámico onde falar sobre as redes sociais e como  adaptarnos á comunicación dixital coas novas realidades derivadas da pandemia; aprenderemos a mellorar a nosa seguridade en internet (revisar termos de privacidade nas diferentes aplicacións que usamos a diario, crear contrasinais seguras, etc.). Tamén trataremos os conceptos de identidade e pegada dixital, para coñecer a información que ten internet sobre nós e que pegada deixan as nosas accións nas redes. Todo isto abordarémolo tendo en conta as emocións e necesidades que nos espertan os usos das TRIC (Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación) e valorando o noso benestar dixital a través dos usos saudables e aqueles hábitos ou rutinas que nos poden estar a ocasionar certos riscos na nosa saúde ou seguridade.


07-06-2021

Últimos días para anotarse na V edición do Proxecto INDIRA Espazo de Encontro e Apoio Emocional Entre Mulleres.

A a Concellería de Benestar e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, informa que aínda quedan prazas vacantes para anotarse no Proxecto INDIRA, actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo e dirixida a mulleres de Fene e bisbarra.

O número máximo de mulleres, inicialmente e en base ao aforo permitido segundo a normativa derivada da crise sanitaria do COVID-19 será de 15. A selección de participantes será por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade as veciñas de Fene, aínda que no caso de non cubrir prazas poderán participar mulleres doutros concellos.
03-06-2021

Tardes activas dende a casa

Xa se pode descargar a entrega dos exercicios cognitivos deseñados polo Departamento de Servizos Sociais para persoas maiores de 55 anos. O documento, elaborado no marco do programa "Tardes activas dende a casa", estrutúrase nun reto á memoria para lembrar lugares do territorio por medio de fotografías, un conxunto de adiviñas e varios pasatempos imprimibles que teñen por finalidade manter o cerebro en forma.

"Tardes activas dende a casa" é unha iniciativa de dinamización pensada para todas as persoas maiores de 55 anos e non só para quen xa estivese participando nalgunha actividade do programa municipal de envellecemento activo.