Novas

12-01-2017

Aberto o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

Ata o día 23 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de preinscrición na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña para a rapazada de entre 10 e 15 anos. Irán á estación leonesa de Leitariegos a primeiros de marzo por un prezo de 95€ con todo incluído.
27-12-2016

Máis de 700 persoas tomarán a saída na San Silvestre de Fene

Todo está listo xa para a carreira popular coa que Fene despedirá o ano deportivo no municipio. Máis que unha competición, a San Silvestre é unha festa á que este ano se sumaron un total de 703 persoas.
20-12-2016

Amplíase ata este mércores o prazo para apuntarse en varias actividades do Nadal

O Concello de Fene organizou para a última semana do ano e os primeiros días de xaneiro catro obradoiros relacionados co xogo e o deporte dos que tres aínda teñen prazas por cubrir. 
16-12-2016

O Judo e as panxoliñas protagonizan este sábado a programación de Nadal do Concello de Fene

O Concello de Fene continúa coa súa programación cultural e deportiva co gallo das festas do Nadal. Este sábado os lugares de referenza serán o pavillón da Xunqueira e o local da CCRD de Perlío.
05-12-2016

Máis dunha vintena de actividades culturais e deportivas compoñen a programación do Nadal

As Concellarías de Cultura, Ensino, Xuventude e Deportes teñen xa a punto a programación de actividades para o Nadal. Son máis dunha vintena de eventos entre música, teatro, obradoiros para todas as idades, exposicións e propostas deportivas cun enfoque lúdico que se irán solapando desde o 10 de decembro ata ben pasado o día de Reis.
30-11-2016

Fene destina 82.500 euros a colaborar coas entidades sociais e deportivas do municipio

O Boletín Oficial da Provincia deste mércores 30 de novembro publicou as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para as entidades sen ánimo de lucro do municipio. En total distribuiranse 82.500 euros entre as organizacións veciñais e socioculturais, as deportivas e as ANPAs dos centros educativos para axudarlles cos gastos en actividades desenvolvidas durante a anualidade de 2015. O prazo para presentar a documentación finaliza o próximo 16 de decembro e toda a información sobre o procedemento está dispoñible na web municipal, www.fenecidadan.gal.