Novas

26-07-2019 -

Visita dos maiores da residencia de Laraxe ao Museo do Humor

Os maiores da Residencia Domus Vi Laraxe de Cabanas visitaron esta semana o Museo do Humor de Fene. Un centro singular e único en Galicia que na actualidade amosa ao redor de 300 orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo.
19-07-2019 -

O Concello de Fene concorre a dúas convocatorias de obradoiros de emprego

O concelleiro de Formación e Emprego, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, concorre ás dúas convocatorias de obradoiros de emprego publicadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria: o Proxecto INICIA IV, programa mixto de emprego e formación dirixido a mozos e mozas empadroadas nun dos cinco concellos e que estean inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil, e o Proxecto REINICIA VI, programa mixto de emprego e formación dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.



18-07-2019 -

Arrancan na praia de Almieiras os cursos de kaiak organizados polo Concello

Un total de 33 rapaces e rapazas participan dende esta semana nos cursos de kaiak organizados polo Concello de Fene no marco da programación municipal de actividades de verán. Desenvolveranse ata finais do mes de agosto na praia de Almieiras (Limodre) en dúas quendas: luns e mércores e martes e xoves. Nos dous casos, en horario de mañá.
17-07-2019 -

Asier Sanz e Javier Jareño López, gañadores do XXIII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene

Tras unhas deliberacións reñidas pola magnífica calidade dos traballos presentados, o xurado do XXIII concurso de humor gráfico Curuxa do Humor emitía este mediodía o seu fallo: Asier Sanz resultaba gañador do primeiro premio da Curuxa Gráfica (maiores de 25 anos) e Javier Jareño López Cuervo era galardoado co primeiro premio da Curuxa Nova (de 16 a 25 anos). Así mesmo, Sandra Lodi e Beatriz Rodríguez Gregores alzábanse co segundo premio nas categorías Gráfica e Nova respectivamente.
12-07-2019 -

Laura Bouza reivindica “seguir construíndo un futuro propio, feminista e libre, con capacidade de pensamento crítico”

A artista local Laura Bouza, responsable de LauDas Calamity, Laboratorio de Creación Artística, reivindicou esta tarde, no Monumento Día da Patria Galega, “pensar naquilo que nos aveciña para seguir construíndo futuro, un futuro noso, propio, feminista e libre, con capacidade de pensamento crítico”.
12-07-2019 -

Exhibición de pilotaxe de drons este sábado a cargo d@s alumn@s do curso promovido polo Concello de Fene

Os 25 mozos e mozas de entre 14 e 30 anos que participaron ao longo das últimas semanas na Escola de Pilotos de Drons que organiza o Concello de Fene amosarán este sábado 13 de xullo, a partir das 13 horas, e nun circuito de carreiras, as habilidades aprendidas durante o curso. A exhibición celebrarase no pavillón da Xunqueira e está aberta ao público.
12-07-2019 -

O Concello de Fene abre o proceso de contratación de 6 peóns e 1 oficial albanel con cargo ao PIL da Deputación

Coa publicación onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP) das bases, o Concello de Fene inicia o proceso de contratación laboral temporal, mediante sistema de concurso-oposición, de 6 peóns e 1 oficial albanel. As persoas interesadas en optar á convocatoria poderán presentar a súa solicitude dende hoxe, 12 de xullo, e por espazo de 10 días hábiles. A contratación enmárcase no Programa de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña, anualidade 2019.
12-07-2019 -

De Vacas trae este venres ao Concello de Fene o seu “Tour vacanal 2019”

O ciclo Día de Galicia, deseñado polo Concello de Fene para conmemorar tan sinalada data, chegará hoxe, venres 12, á súa útima xornada. E farao por todo o alto. A programación comezará ás 20,30 horas coa lectura da Declaración Institucional no Monumento Día da Patria Galega a cargo de Laura Bouza, responsable de LauDas Calamity. Laboratorio de Creación Artística.
11-07-2019 -

A Festa dos Avós de Fene pon o acento na convivencia entre maiores e pequenos

Festa por todo o alto este xoves en Fene. O Concello convida a nen@s e maiores a participar na Festa dos Avós, incluída no ciclo Día de Galicia. Un espazo de convivencia e encontro interxeneracional que arrancará ás 20 horas na praza do Alcalde Ramón Souto González e baixo carpa.
10-07-2019 -

Publicado o listado de prazas libres nas escolas deportivas da piscina e pavillón da Xunqueira para o vindeiro curso

Rematado o prazo de reserva de prazas para as escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2019/2020 (ao que puideron acollerse os/as usuarios/as matriculados no mes de xuño), a Concellería de Deportes fai público o listado de prazas libres nas escolas deportivas que se desenvolven nas devanditas instalacións municipais, de cara ao período de novas matriculacións que se abrirá no mes de setembro.