Novas

22-05-2018 -

As mellores tapas creativas e tradicionais poderán degustarse en Fene dende este xoves

O concelleiro de Promoción Económica, César Castro, presentaba esta mañá en rolda de prensa a undécima edición do Concurso de Tapas de Fene. Un certame no que participarán un total de 20 establecementos hostaleiros para ofrecer, dende este xoves e ata o próximo 9 de xuño, as súas mellores e máis saborosas propostas culinarias en formato tapa.
21-05-2018 -

O Concello adxudica as obras de acondicionamento da rúa Alta, en Perlío

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá que o Concello vén de adxudicar as obras de acondicionamento da rúa Alta, en Perlío. A elas se destinará un investimento de 44.000 euros. A intervención, cun prazo de execución de dous meses a partir da sinatura do contrato.
18-05-2018 -

O Concello inicia as obras de recuperación das pistas de atletismo de Barallobre, en desuso dende a década dos 80

O edil de Deportes, Xoán Manuel Bastida, sinala que as instalacións permitirán a
práctica das diferentes disciplinas do atletismo, buscando tamén fomentar este deporte especialmente entre os escolares
18-05-2018 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase este luns a Perlío e Maniños

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Fene por partida dobre este luns, 21 de maio. En concreto, permanecerá diante do local da asociación de veciños de Perlío de 15,30 a 18 horas, e diante da entidade Abanca de Maniños estará de 19 a 21 horas.
16-05-2018 -

O Concello promove nos coles obradoiros de prevención de adiccións e bo uso das TICs

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, promove diferentes obradoiros nos coles en materia de prevención de adiccións e bo uso da TICs. Entre os contidos a abordar, están a identificación de ameazas e riscos; o acoso nas redes; a adicción ás TICs; a violencia de xénero a través destas ou o seu uso saudable e recursos disponibles. Dirixidos a estudantes de Educación Secundaria, buscan tratar de formar e informar no uso responsable das redes.
16-05-2018 -

Fene celebra o Día dos Museos cunha visita á mostra Retrospectiva guiada por Beatriz Seijo e o monólogo “Anecdoloxía” de Oswaldo Digon

O Concello de Fene celebra este ano o Día Internacional dos Museos por partida doble. Segundo explica a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, será este venres, coincidindo coa efeméride. Na Casa da Cultura, ás 18 horas está prevista unha visita á exposición “Retrospectiva”, guiada pola propia pintora Beatriz Seijo. A participación é libre, sen necesidade de inscrición previa.
15-05-2018 -

O Concello de Fene convida ós máis pequenos da casa a disfrutar este mércores dos Babacontos con María Victoria Moreno

No marco da programación cultural deseñada polo Concello de Fene para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018, a Casa da Cultura acollerá mañá mércores o espectáculo “Babacontos con María Victoria Moreno”, a cargo da narradora e actriz María Larraitz. Será a partir das 18 horas, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Trátase dun espectáculo dirixido especialmente a nenos e nenas de 3 a 10 anos, e inclúese no programa “Cultura no Camiño”.
14-05-2018 -

O Concello organiza unha charla sobre a normativa en prevención de incendios e as distancias de plantación forestal

Ofrecer toda a información posible sobre a normativa en materia de prevención de incendios forestais aprobada recentemente pola Xunta de Galicia e, especialmente, sobre as distancias de plantación forestal establecidas é o obxectivo principal da charla organizada pola Concellería de Medio Ambiente que dirixe César Castro. Unha charla aberta á veciñanza e promovida a raíz precisamente da necesidade de información trasladada ó departamento municipal. Celebrarase este martes, 15 de maio, ás 20 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
 
14-05-2018 -

Aberto ata o 31 de maio o prazo de presentación de obras ó XXII Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do humor”

O Concello de Fene lembra que o prazo de presentación de traballos ó XXII concurso de humor gráfico “Curuxa do humor” pecharase o vindeiro 31 de maio ás 23,59 horas e anima á participación no certame, co que Fene busca recoñecer o traballo dos mellores humoristas Gráficos do momento, tanto galegos coma de calquera recuncho de España.
 
14-05-2018 -

A Xunta de Goberno Local dá luz verde ó pago de 216.000 euros pendentes de abono dende 2016 ó Concello de Ares

O anterior goberno local de Fene deixou sen pagar o servizo de saneamento prestado polo Concello de Ares –que ten encomendada a xestión, explotación e mantemento da EDAR de Punta Avarenta- durante os anos 2016 e 2017. En suma, a débeda ascende a 216.000 euros (correspondentes a dúas facturas, unha por exercicio, por importe de 108.000 euros cada unha). Unha irresponsabilidade, según sinala o alcalde, Gumersindo Galego, xa que había partida orzamentaria e retención de crédito suficiente para proceder ó abono sen necesidade sequera dunha modificación de crédito.