Novas

08-05-2018 -

Unha guía de luxo para os escolares que visiten en Fene a exposición Retrospectiva

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura acolle dende o pasado venres e ata finais de mes a mostra “Retrospectiva” da pintora fenesa Beatriz Seijo. Unha retrospectiva dos últimos dez anos de traballo da artista plástica, cunha selección de obras de tres das súas coleccións: “Gotas de Aire”, “Detalle sen Detalle” e “En que pensas?”, e na que tamén se inclúen obras actuais. Unha mostra coa que conmemorar, precisamente, os dez anos transcorridos da última exposición realizada por Beatriz Seijo en Fene. Pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.
08-05-2018 -

BellónMaceiras ofrece un concerto didáctico este mércores na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Fene acollerá este mércores, 9 de maio, un concerto didáctico a cargo de BellónMaceiras. Será a partir das 18 horas, con entrada libre ata completar aforo.
08-05-2018 -

Educación amplía os equipamentos informáticos do CEIP Plurilingüe de Centieiras

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Indalecio Cabana, xunto ó alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e a edil de área, Ana Novo, realizaron o pasado luns 7 de maio unha visita ó CEIP Plurilingüe de Centieiras para manter unha xuntanza de traballo coa directora, Raquel Abella, e a xefa de estudos, Chus Martínez.
 
04-05-2018 -

O Concello de Fene abre a inscrición para os bautismos de mergullo para nenos, adultos e persoas con diversidade funcional

A Concellería de Deportes de Fene informou esta mañá de que o prazo de inscrición nos bautismos de mergullo para nenos/as, persoas adultas e persoas con diversidade funcional abrirase o vindeiro luns, 7 de maio, no pavillón polideportivo da Xunqueira, en San Valentín (de luns a venres de 9 a 13,30 h e os
mércores de 16,30 a 19 h). O programa, que impulsa o Concello, conta coa colaboración do Clube de Actividades Subacuáticas Nautilus.
04-05-2018 -

Fene homenaxea este sábado ás lavandeiras de Sillobre recreando o seu sacrificado traballo

Fene celebrará este sábado, 5 de maio, a quinta edición do Encontro das Lavandeiras de Sillobre. Unha auténtica homenaxe ás veciñas que realizaban este sacrificado traballo.
03-05-2018 -

A pintora local Beatriz Seijo inaugura a súa “Retrospectiva” este venres en Fene

Tras varios anos sen expoñer no seu Fene natal, a pintora Beatriz Seijo inaugura este venres ás 20 horas a mostra “Retrospectiva”. Un acto no que estará acompañada polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e ó que está convidada toda a veciñanza.
02-05-2018 -

A pintora fenesa Yolanda Vizoso cede ó Concello unha das obras da súa exposición “Las mujeres”

O Concello de Fene vén de incorporar ós seus fondos unha das obras da pintora fenesa Yolanda Vizoso. Foi o alcalde, Gumersindo Galego, o encargado de recepcionar o cadro de mans da artista, que se mostraba feliz de entregar este traballo ó Concello. A obra, que a partir dagora lucirá na casa consistorial, formou
parte da exposición “Las mujeres”, que permaneceu durante o mes de abril na Casa da Cultura.
02-05-2018 -

O Concello promove obradoiros de educación alimentaria nos centros escolares de Fene

Conseguir a adopción de hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre alimentación, ademáis de concienciar e educar sobre os beneficios que aporta o consumo consciente e responsable e os problemas e consecuencias que se derivan do abuso de determinados alimentos e bebidas e o sedentarismo son os obxectivos dos obradoiros de educación alimentaria “Balancéate!” que organizará ó longo do mes de maio o Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, e coa colaboración de centros educativos e ANPAS.
30-04-2018 -

O Concello de Fene inaugura a programación cultural de maio con Pakolas en concerto

O Concello de Fene inaugura a programación cultural de maio, mes das letras, cunha proposta dirixida especialmente ós máis pequenos da casa: “Pakolas en concerto”. Un espectáculo que dará comezo este mércores, 2 de maio, ás 18 horas na Casa da Cultura. A edil de área, Rocío Bértoa, sinala que a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo e convida á veciñanza a tomar parte nela.
27-04-2018 -

Fene celebra o Mes das Letras con concertos, contacontos, monólogos e pintura

Concertos, recitais, contacontos, monólogos, audiovisuais e pintura son algunhas das propostas da programación cultural que ofrecerá o Concello de Fene ó longo do mes de maio, mes das letras no municipio cunha especial atención á conmemoración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a María Victoria Moreno.