Novas

16-03-2018 -

Volve o Atletismo Divertido

Máis de 600 alumnos de primaria de Fene participarán entre os días 22 e 23 de marzo nas xornadas de atletismo divertido escolar organizado polo Concello de Fene.
15-03-2018 -

A antiga estación de Barallobre acolle este venres o acto de lembranza da Revolta Popular de Marzo 1918

No acto, que comezará ás seis do serán na antiga estación de Barallobre (actual Parque de Educación Viaria),  intervirán Olaia Ledo, da Comisión da Revolta Popular Marzo 1918, e o alcalde de Fene, Juventino Trigo.
15-03-2018 -

O mellor do fotoxornalismo galego amósase en Fene

O Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene acolle dende este xoves, 15 de marzo, a exposición fotográfica do certame Galicia en Foco, que organiza o Club de Prensa de Ferrol e que vai pola súa 26ª edición. A mostra inaugúrase o xoves ás 18.30 horas nun acto ao que asistirán o alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e representantes do Club de Prensa de Ferrol, e ao que se convida a toda a veciñanza de Fene.
15-03-2018 -

O Concello mellorará a seguridade peonil e do tráfico na rúa Ameneiral

O proxecto inclúe tamén a reparación dunha das entradas á escola de Magalofes e o cruzamento de acceso desde Limodre a Vilar do Colo
13-03-2018 -

Avance da programación da Concellería de Cultura de Fene para a primavera-verán 2018

Oswaldo Digón, Paco Cerdeira, Bellón&Maceiras e María Larraitz, son algúns dos artistas que pasarán pola Casa da Cultura de Fene esta primavera, segundo adianta a Concellería de Cultura de Fene. O departamento que dirixe o edil Justo Ardá anuncia tamén as actividades e espectáculos previstos para o Ciclo do Día da Patria Galega que terá lugar no mes de xullo e polo que pasarán este ano Circo Chosco, Nautilus Band, Ith e Sés.
12-03-2018 -

Contos para concienciar as novas xeracións sobre a importancia da auga e das árbores

A Concellería de Medio Ambiente de Fene anuncia a III edición do programa “Adeus ríos, adeus fontes”, ciclo de actividades dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria do concello para conmemorar o Día Forestal Mundial (21 de marzo) e o Día Mundial da Auga (22 de marzo).
 
 
 
 
 
12-03-2018 -

Rapazas de conto

Alumnado de 1º a 4º de primaria do CEIP Centieiras de Fene, CEIP Plurilingüe O Ramo de Barallobre, CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños, CIP A Xunqueira de San Valentín e Colexio Jorge Juan de Perlío participará nunhas sesións de contos pola igualade a cargo de Marisa Irima. A actividade desenvolverase en horario escolar nos propios centros os días 12, 13 e 14 de marzo.
09-03-2018 -

Fene súmase aos actos de lembranza da revolta popular de marzo de 1918

O Concello de Fene última os preparativos do acto que está a organizar para lembrar o centenario da coñecida como “Revolta das pedradas”, acontecida en Fene, Ferrol, Narón e Neda no mes de marzo de 1918. O acto terá lugar o vindeiro venres, 16 de marzo, ás 18 horas, na antiga estación de Barallobre e consistirá no descubrimento dunha praca conmemorativo desta revolta popular que estivo liderada polas mulleres das clases populares da comarca.
09-03-2018 -

Recoñecemento ás lavandeiras de Fene

Hoxe venres 9 de marzo, ás 18.00 h, a Casa da Cultura acollerá unha charla coloquio sobre o labor das nosas lavandeiras, o seu traballo, as súas vidas...
Con este acto, o Concello de Fene, a través da súa Concellería de Benestar Social e Igualdade, quere recoñecer publicamente a estas mulleres, as LAVANDEIRAS, nos actos conmemorativos do 8 de Marzo, “Día Internacional da Muller”.
08-03-2018 -

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O Pleno Municipal celebrado o día 1 de marzo de 2018, aprobouse por maioría o Manifesto Institucional do “Día Internacional da Muller”, no que, entre outras cousas, recolle que o Concello de Fene apoia a convocatoria desta folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018 no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.

Do mesmo xeito, o Concello de Fene realiza un chamado a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego e a secundar a manifestación nacional unitaria.