Novas

01-02-2018 -

O Concello mellorará a seguridade na Rúa Alta cun novo firme e pasos peonís sobreelevados

Os servizos técnicos municipais teñen aberto o procedemento de contratación das obras de reparación da Rúa Alta, en Perlío, orzamentado en algo máis de 78.000 euros, ive incluído.
30-01-2018 -

Participación do club atletismo Fene no Campionato Galego de Cross

O 28 de xaneiro de 2018, no circuíto de O Aguillón na  Rúa, déronse cita os mellores clubes de Galicia no Campionato de Cross Curto por equipos. Entre eles estaba o Clube Atletismo Fene, representado por sete atletas.
29-01-2018 -

Fene vai de entroido!

A tradicional verbena do entroido fenés trasládase ao martes de entroido, víspera de festivo no Concello.
29-01-2018 -

O Concello de Fene insta á Xunta a que limpe a maleza nas marxes da estrada da Palma

As pólas de varias árbores produciron nos últimos días constantes cortes no alumeado público. A Alcaldía remitiulle un escrito á Consellaría de Infraestruturas para que tome as medidas oportunas, ademais de deixar constancia da situación "de inseguridade para o tráfico e os peóns" perante á Xefatura provincial de Tráfico
26-01-2018 -

VI Trofeo de baile deportivo "Concello de Fene"

122 parellas tomarán parte este domingo 28 de xaneiro no VI Trofeo de baile deportivo “Concello de Fene” que se celebrará a partir das 11:00 no pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín.
26-01-2018 -

Compartimos Plan

O Departamento de Igualdade do Concello de Fene Colabora coa Deputación Provincial de A Coruña no Proxecto COMPARTIMOS PLAN.
23-01-2018 -

Retiradas varias árbores do contorno do Eroski Center

A área de Servizos do Concello de Fene ordenou hai uns días a tala de sete árbores situadas nas entremedias do Eroski Center  e a ribeira do Cádavo. Varios exemplares deitaban as súas pólas no tellado do mercado e outros ameazaban con caer sobre o carreiro que conecta coa rúa paralela a San Estevo pasando polo lavadoiro das Cañotas. A medida adoptouse "por motivos de seguridade e de forma urxente" xa que, segundo asegurou o alcalde, "a prioridade é garantir a seguridade das persoas e dos bens próximos".
23-01-2018 -

10 empresas concorren ao contrato do saneamento no Feal e no Camiño do Regueiro

A mesa de contratación do Concello analiza durante estes días un total de 10 propostas presentadas por outras tantas empresas para a execución das obras de ampliación da rede municipal de sumidoiros aos lugares do Feal, en Magalofes, e do Camiño do Regueiro, en Sillobre. A licitación fixouse en preto de 149.000 euros, que se financiarán con cargo ao POS+ 2017 da Deputación da Coruña. O prazo máximo de execución de ambas infraestruturas fixouse en 4 meses.














18-01-2018 -

Súmate e doa. Ti dás o tipo

Hoxe, xoves 18 de xaneiro achégate a Casa do Concello e doa sangue. A túa colaboración é vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.
17-01-2018 -

Fene vai de entroido!

O Concello repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes, o prazo para inscribirse remata o 2 de febreiro.