Novas

24-07-2017 -

Doa sangue

Unha unidade móbil estará o xoves 27 de xullo diante do Concello de Fene en horario de 09.30 a 14.30 h e de 15.30 h a 21.00 h, achégate e doa.
21-07-2017 -

A oficina de turismo de Fene abre as súas portas

Aberta en Fene, na Avenida Naturais, a oficina de turismo do xeodestino Ferroltera-Rias Altas.  Horario de martes a domingo de 10:30 a 13:50 e de martes a sábado de 17:00 a 20:30
19-07-2017 -

A Grafía da Emoción

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura de Fene, un obradoiro de creación literaria co escritor Pablo Bouza. 
18-07-2017 -

Tenis, Kayak e Fútbol Sala Femenino no verán deportivo do Concello de Fene

Éxito de participación con tódalas prazas cubertas na programación deportiva do verán.
17-07-2017 -

Adxudicadas as obras de reparación rúa Travesa

O Concello adxudica á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A. as obras de reparación da rúa Travesa por un importe próximo aos 30.000 euros.
15-07-2017 -

O concerto de Roi Casal pecha hoxe o Ciclo do Día da Patria Galega

A praza do alcalde Ramón Souto González acolle este sábado, 15 de xullo, a derradeira actuación do ciclo do Día da Patria Galega, organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña.
14-07-2017 -

Semana do deporte e do turismo sostible no "Verán máis alá"

Hóckey, voleibol, carreiras, xogos de corda, de goma, de pelota, probas de habilidade…Son algunhas das actividades que realizaron estes días os/as nenos/as do Verán Máis Alá! de Fene.
14-07-2017 -

O profesor César Martínez asina a Declaración Institucional do Día da Patria Galega

O exdirector do Ceip O Ramo, César Martínez Yáñez, será o encargado de ler este venres, 14 de xullo, a declaración institucional do Concello de Fene polo Día da Patria Galega.
13-07-2017 -

Os Sons Cubanos do Trío Siboney amenizarán este xoves a festa da veciñanza de Fene

A praza do alcalde Ramón Souto González hoxe  xoves 13 de xullo, a partir das 20.00 horas, unha nova edición da Festa da Veciñanza, xornada de convivencia interxeracional na que maiores e pequenos de Fene comparten unha tarde de lecer, gastronomía e música. 
12-07-2017 -

Prazas libres nas escolas deportivas municipais para matriculación en setembro. Curso 17/18

Rematado o prazo de reserva a concellería de Deportes fai pública a lista co número de prazas libres nas escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e No pavillón municpial A Xunqueira