Xestión de voluminosos

No concello temos un servizo de recollida de voluminosos:

  • Tódolos mércores: Fene, Sillobre, Perlío, San Valentín, Magalofes, Vilar do Colo.
  • Tódolos os xoves: Maniños, Barallobre e Limodre.
  • Información que se incorpora na axenda mensualmente ademais de editarse en trípticos.

SI son residuos voluminosos...

  • Mobles (cadeiras de brazos, sofás etc)
  • Colchóns e somieres
  • Electrodomésticos de liña branca (lavadoras, frigoríficos ...)
  • Televisores
  • Aparellos eléctricos e electrónicos de pequeno tamaño

NON son residuos voluminosos...

  • Residuos orgánicos
  • Neumáticos
  • Cascallos e residuos de construción xa sexan de obra maior ou menor
  • Calquera tipo de residuo industrial (paléts, films, restos de produción...)
  • Residuos perigosos e envases que os contiveron (botes de pintura, disolventes...)
Descargas