Xestións municipais

Concertos fiscais e bonificacións

Os clubs e entidades deportivas federadas con domicilio en Fene que utilicen os Pavillóns Polideportivos do Ramo e San Valentín así como a piscina municipal de Centieiras ou o campo de Fútbol municipal dos Pinares, pagarán as tarifas establecidas no artigo 6.1.1: sempre e cando se trate de usos para a práctica deportiva para os que están federados.

Solicitude gradación taxas actividades deportivas e culturais

Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais e pola prestación de servizos socioculturais, deportivos e de lecer.

Solicitude Visitas Museo do Humor

A Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene convida aos colexios, entidades sociais e veciños e veciñas a descubrir este museo, concebido na actualidade coma un importante recurso ao servizo do ocio cultural e educativo.

Solicitude locais de ensaio

Novo servizo da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a disposición dos grupos de Fene para ensaiar.