Casa indiana na estrada do Peirao

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa indiana na estrada do Peirao
Maniños

Esta vivenda cunha tipoloxía moi similar a moitas casas indianas, ten planta rectangular con cuberta a dúas augas e disposta en sentido perpendicular á fachada principal. É de planta baixa e baixocuberta, concentrando a ornamentación e os elementos máis peculiares na fachada principal: tres ocos na planta baixa, ventás xeminadas e entre elas a porta de acceso que está cuberta por un balcón soportado en dúas columnas que están unidas tamén no nivel do baixo unhas balaustradas de formigón que cercan perimetralmente o portal. O mesmo motivo empregado nas balaustradas da entrada repítese na que protexe o balcón ao que se pode acceder por un van tripartito.