Casa de Sixto en Cima de Pedre

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de Sixto en Cima de Pedre
Sillobre

Estamos diante dunha edificación organizada especialmente en baixo, primeiro andar e faiado. Ten planta en forma de L e a cuberta é a dúas augas nun dos seus tramos, e a tres augas no outro, con cubrición de tella curva. Os materiais básicos que se empregaron na edificación son a cachotería de granito nos muros, a madeira nas trabes e na carpintería dos vans e o ferro nos antepeitos. Na fachada lateral dereita ten apegada unha bodega que aproveita o muro que cerra o terreo como parede, contando cunha cuberta dunha soa vertente. Conta cun hórreo e cunha ampla horta con árbores froiteiras.
A vivenda, hoxe deshabitada, pertenceu a unha relevante familia da parroquia, e alí chegou a residir temporalmente o crego.