Casa de sobrado no Barreiro

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de sobrado no Barreiro
Sillobre

Situada no lugar do Barreiro é esta unha tradicional casa de sobrado en moi bo estado de conservación grazas a súa dona xa que aínda é utilizada para acubillar o gando. Consérvase o sobrado e a corte coas comedeiras, así como o forno da casa. Ao estar edificada nun terreo que presenta unha certa pendente, a estrutura da edificación, que precisa máis altura onde vai situada a corte e o sobrado, adáptase perfectamente a esta circunstancia. Non é unha casa de sobrado das máis elementais, senón que xa empeza a amosar certa complexidade ao contar con dúas portas, unha delas para a corte, unha ventá diante do lavadoiro da cociña e dúas ventás que dan iluminación ao sobrado.