Casa de piso en Chao da Aldea

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso en Chao da Aldea
Maniños

Casa de piso tradicional no Chao da Aldea. De planta rectangular en dúas alturas con baixocuberta, ten uns muros realizados con cachotería miúda enfuscados e caleados. A este bloque engádeselle un arrimo na fachada traseira. Tamén amosa nos muros a existencia dunha ampliación da edificación.
Os vans na planta baixa foron modificados, pero no primeiro andar e no faiado vemos exemplos das dúas solucións adoptadas para enmarcar os vans: con madeira ou ben con grandes pezas de granito.
A parcela está illada do camiño grazas a un sólido muro de cachotería de pedra.