Casa de piso rehabilitada no Vaqueiro

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso rehabilitada no Vaqueiro
Sillobre

Esta casa de piso rehabilitada atópase no lugar do Vaqueiro. A súa estrutura segue á tradicional configuración, é dicir, trátase dunha planta rectangular distribuída interiormente en baixo, piso e baixo cuberta. Os seus muros son de cachotería e os vans, de maiores dimensións que os habituais tradicionalmente, aparecen recercados e pintados. Na fachada ábrense tres vans, a porta na parte central da planta inferior, dúas fiestras na planta inferior e tres balcóns no primeiro andar. Tanto os balcóns como as fiestras aparecen decorados cunhas varandas de ferro forxado moi ornamentadas. A súa cuberta é a dúas augas e conta con cubrición de tella curva. Nun dos seus laterais levántase unha cheminea. Na outra fachada da casa na planta, en vez de balcóns, construíuse unha galería de aluminio branco.
Apegada á casa aparece unha pequena bodega que foi tamén rehabilitada. Conta cunha única planta de forma rectangular, os seus muros son de cachotería, os vans aparecen recercados con madeira e pintados de branco, a cuberta é a dúas augas e conta con cubrición de tella curva. O terreo aparece pechado por unha muralla recebada e pintada de branco.