Rueiro de Orra

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Rueiro de Orra
Sillobre

No lugar de Orra, no camiño que baixa á Fonte de Orra, existe este rueiro que serve de exemplo da peculiar conformación arquitectónica dunha serie de vivendas agrupadas ás beiras dun camiño da antiga rede de comunicación entre núcleos rurais. A edificación é de tipo compacta formada por vivendas acaroadas de dúas plantas sobre unha base rectangular edificadas segundo os criterios e materiais tradicionais.
Neste rueiro pódense ver vivendas de distintas características, entre elas algunhas en que se observa un interese pola ornamentación dos vans e outras que seguen pautas máis sinxelas.
Cabe destacar a existencia dunha vivenda en que existe unha inscrición coa data de 1864.