Rueiro na estrada da Armada

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Rueiro na estrada da Armada
Maniños

É unha agrupación de vivendas a ambos os lados dunha vía secundaria. Son casas de dúas alturas, de cachotería de pedra que actualmente presentan cubertas de uralita e distintos estados de conservación. É subliñable a variedade das edificacións, xa que nel localízanse exemplos de construcións de piso con portal dianteiro, de piso baixo, casetos, etc., e atópase tamén nel algún exemplo de construción adxectiva como hórreos ou alpendres.
As cubertas predominantes son a dúas augas e paralelas ás fachadas, algunhas das cales aparecen con recebo de cemento e outras co paramento orixinal de cachotería.