Fene hoxe

Inicio   Fene hoxe
02-11-2017

Os contos de Celso Fernández abren este venres ás 20 horas o ciclo de monólogos do Museo do Humor

A primeira sesión do "Novembro, mes do humor", organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña, estará chea de “contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea”, cun toque contemporáneo “para apalparlles que tamén son historias actuais e que non son pezas de museo”.  
31-10-2017

O Museo do Humor entrega este venres os "Premios Curuxa 2017"

Coa entrega dos premios “Curuxa do Humor 2017”, o Museo do Humor de Fene abrirá este venres un novo ciclo “Novembro, Mes do Humor”. As persoas que desexen asistir ao acto deberán recoller invitacións (2 por persoa) o mesmo venres a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura de Fene. 
28-10-2017

XXIX Xuntanza de Gaiteiros 2017

Hoxe sábado 28 de outubre 2017 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXIX Xuntanza de Gaiteiros.
07-09-2017

34 establecementos participan este sábado na VIII Merca in Fene

O evento multisectorial e de oportunidades introduce este ano varias novidades, como a celebración en sábado e a utilización de pequenas haimas distribuídas polas principais rúas
30-08-2017

O peirao de Barallobre acollerá este sábado a cuarta edición da Festa Mariñeira

A festa dará comezo sobre as 11.00h. na carpa instalada ao carón da nave da Confraría de Barallobre.
26-07-2017

XII Invasión Vikinga

O vindeiro 29  de xullo a praia do Río Castro en Limodre acolle a XII Invasión Vikinga.
05-07-2017

Festival Felipop 2017

A nova edición do Festival Felipop 2017 chega a Fene o vindeiro 21 e 22 de xullo. O Felipop é o festival que leva organizando a Asociación Cultural Felicia de xeito ininterrompido desde 1998.
30-06-2017

Romaría do Camiñante Descoñecido

A ACDR Liga de Amigos, como vén sendo habitual dende o ano 1964, organiza para o sábado día 1 de xullo a Romaría do Camiñante Descoñecido.
23-06-2017

O Museo do Humor abrirá ao público tres tardes á semana ao longo do verán

Por segundo ano consecutivo, o Museo do Humor amplía o seu horario estival para favorecer as visitas dos veciños/as de Fene.
13-06-2017

Fene entrega os premios do X Concurso de Tapas

O salón de plenos de Fene acolleu na tarde de onte o acto de entrega dos premios do X Concurso de Tapas organizado polo Concello entre o 5 e o 28 de maio coa participación de 20 establecementos hostaleiros.
1 2 3 4 5 6 78 9 >>