San Valentín

Inicio   Fene descúbreo   As nosas parroquias   San Valentín
A comezos do século XX, Fene era un concello rural con espazos abertos e edificación dispersa de escaso volume, en clara consonancia cun modo primario de utilización da natureza que non requiría a concentración de man de obra para poñer en marcha o ciclo produtivo; o que si aconteceu posteriormente coa industrialización. [Carlos Ferrás Sexto, 1993].

É a parroquia fenesa de máis recente creación, arredouse de San Estevo de Perlío a mediados do século XX. Ten, segundo o censo de 2006, 1.590 habitantes (784 varóns e 806 mulleres) e unha superficie de 0,6 quilómetros cadrados. É unha das parroquias máis intensamente urbanizadas e que posúe unha maior densidade de poboación. A poboación concéntrase en tres núcleos: San Valentín, Regueiro e Tellerías. A parroquia limita ao norte co concello de Neda, ao leste coa parroquia de Fene, con Perlío ao sur e coa ría de Ferrol ao oeste.

Toponimia

O topónimo procede do haxiónimo latino Sanctu-Valentinu (>Valente `valeroso, que vale´).

Festas

  • San Valentín, 14 de febreiro
  • Xuntanza de Palilleiras de Ferrolterra, mes de abril
  • Fenerock, primeira quincena de setembro
  • Fene Xuntanza de Gaiteiros, 2ª quincena de setembro
Descargas