A malla do trigo

Inicio   Que facer   Festas e festivais   A malla do trigo

A Asociación Etnográfica e da Natureza no mes de agosto recrea como antigamente se realizaba a malla do trigo, dende a súa recollida (sega), secado e mallado, empregando maquinaria e ferramenta tradicional. A xente pode participar vestida de época.

Ao final da tarde realízase unha merenda tradicional acompañada de música galega en vivo.

AETNA (Asociación Etnográfica e da Natureza)
Estrada da Palma s/n
Patio do colexio Curros Enríquez
15520 Maniños – Fene (A Coruña)