Encontro de Palilleiras

Inicio   Que facer   Promoción   Encontro de Palilleiras

Palilleiras de toda España acoden ao encontro que ten lugar o último sábado do mes de abril, no pavillón A Xunqueira en San Valentín.

No ano 1993 un grupo de mulleres de San Valentín decidiron aprender a palillar e púxose en marcha a escola de tempo libre con tal propósito. Un día deciden organizar unha xuntanza e convocar ás escolas da comarca Ferrolterra. En 1996 organízase a I Xuntanza de Palilleiras co obxectivo de servir de lugar de encontro para as mulleres que nese momento estaban, como as de Fene, recuperando a tradición do encaixe. A cita prestábase para amosar os traballos realizados polas diferentes escolas que estaban comezando.

Á primeira xuntanza asistiron un cento de palilleiras, e ao ano seguinte duplicouse o número de participantes. Á terceira xuntanza acudiron palilleiras de fóra de Galicia e creáronse premios. No ano 2000 recibíronse corenta escolas e progresivamente cada ano incrementa o número de participantes e público asistente.

Cada ano incorpóranse novidades, podendo gozar dos traballos realizados por artesáns da madeira e outros.