O Río Belelle

Inicio   Que ver   Natureza e deporte   O Río Belelle

Unha mostra de natureza viva é o río Belelle, e un lugar que non se pode deixar de visitar é a zona das ribeiras en Sillobre. Alí pódese entrar en contacto directo coa historia e a natureza, gozando das augas cristalinas, das fragas do río Belelle e da chamada ponte das Ribeiras, que probablemente pertenza á época medieval e que forma un fermoso conxunto cun muíño, un lavadoiro e unha pequena represa.

É moi interesante un paseo pola súa ribeira ou unha visita á fervenza. As súas augas son dunha excelente calidade, idóneas para a pesca da troita.

Fervenza do Río Belelle

A fervenza do Belelle  de 45 metros de salto é unha das vistas máis espectaculares de Fene e pódese acceder a ela dende Marraxón pola senda peonil, de 1500 m  de percorrido que conta cun antigo merendeiro restaurado e que leva ata a Central Eléctrica da Fervenza, construída a comezos deste século para dar electricidade a Ferrol.

O Belelle conta cunha canle, da que toma o seu nome e provén das altas cualificacións que se lle deron ás súas augas, o cal fixo que se construíra a “Traída de augas” dende a Fervenza ata Ferrol, polos anos 20.